sábado, 15 de dezembro de 2012

Carta de Gloria Eslamiada do Colectivo CALA de Alburquerque (Badajoz)

Estimad@s compañeir@s:
Seguen incorporándose colectivos ao proxecto.
Unha aperta.
Manolo


Carta de Gloria do Colectivo CALA


Bos días Manolo, son Gloria Eslamiada do CALA, recibimos o teu correo coa información de rede de viaxes escolares solidarios e parécenos moi interesante.

Moitas grazas por mandarnos a información e querer contar connosco.

Ocorréronsenos diferentes opcións para colaborar coa rede:

- Por unha banda, enviar a información aos profesores da rede de profesorado de Mudalmundo (Educación para o Desenvolvemento), coa que traballamos.

- Tamén queremos formar parte como Albergue Os Chozos (www.loschozos.org). Podendo formar parte da rede e dada a filosofía da mesma podemos facer un prezo especial para grupos maiores de 20 persoas, onde podemos becar ás 2 persoas que o grupo considere prioritario. E por suposto, manteriamos a nosa oferta para grupos maiores de 30 persoas máis de dúas noites, do 10% de desconto.

A nosa filosofía co albergue tamén é a de intentar que todos os grupos poidan vir e que o tema económico non sexa un inconveniente. Por iso, pomos facilidades para os grupos que o necesiten (que o grupo tráiase bocadillos para a primeira comida ou cea...), que se pague en varios momentos...

Unha vez que estea conformada a rede, se tedes un logo ou algunha web informativa podemos pór o enlace na web dos chozos.

- O albergue, ademais de poderse utilizar como un albergue tradicional, tamén é un recurso educativo en si mesmo con diferentes recursos de educación ambiental e educación alternativa. Doutra banda, o noso colectivo ademais de xestionar o albergue Os Chozos, tamén traballamos en educación alternativa, con diferentes talleres para grupos e formadores. Se queres máis información www.nodo50.org/cala.

Estas son as cousas que se nos ocorreron pero estamos abertos ás vosas propostas.

Moitas grazas e seguimos en contacto.

Gloria

Colectivo CALA

Apdo. Correos, 21
06510 Alburquerque (Badajoz)
tels:924 105 901
Móvil:670 568 675

www.nodo50.org/cala
cala@nodo50.org

Skype: colectivocala
Facebook: Colectivo Cala

|||||||||||||||

terça-feira, 11 de dezembro de 2012

Nornas somos unha cooperativa de traballo asociado que presta servizos de aloxamento turístico

Envio a información resumida do proxecto. Ademais de Alvarella Incorporanse ou están no proceso  as cooperativas de traballo asociado :

2012.12.11 | Equal localizada na Barra, Concello de Coles, Ourense (Información adxunta)

Ola Manolo, non sabemos si a información é suficiente ou si hai un modelo xeral para distribuir a información dos equipamentos que estamos na rede, de calquer xeito nos lo comunicas.
Apertas, Marité


En proceso: Nornas somos unha cooperativa de traballo asociado que presta servizos de aloxamento turístico, ademais de organizar actividades formativas e participar en proxectos do noso entorno, o Val Miñor. Tamén, como saberás, somos socias de Coop57. O espazo de Nornas é un albergue con capacidade para 28 persoas repartidas en dúas habitacións de liteiras, dúas triples e catro dobres (cama matrimonio). Contamos con espazos comúns: cociña equipada, chimenea e comedor. No exterior da casa hai un patio de pedra e unha finca na que en breves poremos en marcha unha horta ecolóxica.

Polo que puidemos ver no mail que recibimos aínda estades nos inicios do proxecto, así que simplemente vos deixamos o enlace á nosa web e ao facebbok e se nalgún momento estades polo Sur e vos queredes pasar a coñecer as instalacións quedades convidadas!

http://www.nornashostel.com/

https://www.facebook.com/Nornas.Hostel12?fref=ts

Apertas

Manolo


|||||||||||||||

segunda-feira, 5 de novembro de 2012

Unha iniciativa para recaudar fondos e educar no coidado do medio ambiente

O CIP de San Sadurniño implantou o sistema Oliklak para a recollida de aceite vexetal usado para a fabricación de biocombustible. Esta iniciativa ademais de ter un impacto importante na comunidade, en canto a concienciación ecolóxica e coidado do propio medio, supón uns ingresos para o centro que poden ser destinados aos viaxes escolares.

O sistema precisa da colaboración das familias, tendo as ANPAS un papel fundamental para animar á comunidade a participar.

No CIP de San Sadurniño, no curso 2010-2011, lograron recoller 500 litros de aceite, o que supuxo uns ingresos de 107€. Este é o terceiro curso que se vai levar adiante a campaña de recollida que está sendo todo un éxito.

quinta-feira, 25 de outubro de 2012

As ANPAS e Claustros das escolas públicas da comarca preparan actividades para recoller fondos.

As viaxes escolares están en risco pola situación económica. Viaxar é o xeito máis lúdico de aprender. O proceso de privatización do ensino, xunto ao afogamento económico das familias, están xerando diferencias entre o alumnado, que ata hai pouco non existían. Por todo isto, as ANPAS e Claustros das escolas públicas da comarca, preparan actividades para recoller fondos.

Neste blog iremos publicitando todas as que se vaian programando, para compartir ideas e aumentar a cooperación.

Nalgúns centros se fala de calendarios con fotografias do alumnado, de mantas solidarias que logo de sortean, de xornadas de chocolate con churros...ideas diversas cun só obxectivo, apoiar o dereito do alumnado a viaxar como un xeito de aprender.

segunda-feira, 15 de outubro de 2012

Proposta de viaxes solidarios para mandar a outros coles

Rede de viaxes escolares solidarios Grupo de viaxes solidarios Armeria

Estimad@s compas:

Presento a proposta de viaxes solidarios  para mandar a outros coles da España e Portugal, Italia esta preto pero aínda verde aínda que teño algún contacto.

Votádelle un ollo. Teremos moito que traballar sobre isto. Como é un proxecto de traballo cooperativo en rede, de moitas partes supoño que tódalas partes iran facendo aportes ao proxecto e teremos que ir completando pouco a pouco. 

Aproveitando o  “III Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo:  creando redes”, irán sobre 80 centros públicos, e moitos deles están en contacto con outros centros. Invítanme tódolos anos e este ano avisei de que quería presentar a rede de viaxes solidarios.

Propoño que en Ferrolterra organicemos un taller  para desenvolvelo obxectivo n º 2 do xa temos falado:
-Desenvolver actividades nos centros escolares e no contorno  para crear un fondo que  permita que ningún alumn@ quede sen viaxe solidario
15 de outubro de 2012 20:32
Manuel Rivera | manolorivera@mundo-r.com



|||||||||||||||||||

segunda-feira, 24 de setembro de 2012

Briante informa de publicacións de moito interese, en especial para as persoas que forman parte da Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios

A Asociación de Economía Social Briante, a promotora, dentro do Encontro Social, da cooperativa Arméria, informa da públicación de

Alter Nativas: Boletin TURISMO E DESENVOLVEMENTO-9

Neste boletín abordan-se a modificación da nova lei de costas, e coñecemos un pouco mellor a Tucum - Rede cearense de turismo comunitario.

Podedes descargarvos o mesmo en:

http://www.nativas.org/t-res/TurismoyDesarrollo_9.pdf

Así mesmo achegan o enlace ao artigo escrito polos compañeiros Jordi Gascón, Xabier Montagut e Ernest Cañada sobre Eurovegas.

http://rebelion.org/noticia.php?id=156075

Enlace da moi interesante web de Alter-Nativas:

www.nativas.org

|||||||||||||||||

segunda-feira, 10 de setembro de 2012

A Cooperativa Arméria constitúe Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios e convoca ás comunidades educativas da comarca a unirse á iniciativa

Arméria é unha Cooperativa sen ánimo de lucro, constituída en Ferrol o pasado mes de abril. Un grupo de persoas asociadas á cooperativa, e vinculadas co mundo do ensino, constituíron unha Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios.

A motivación para esta iniciativa, xurde dunha realidade coa que se están atopando todas as comunidades educativas: cada vez resulta máis difícil para moitas familias, poder custear viaxes escolares, que por outra banda resultan fundamentais para completar a formación dos nenos e nenas.

En Arméria existe  o convencemento de que, co apoio mutuo entre comunidades escolares, movementos e organizacións sociais, podemos crear alternativas e proxectos de colaboración, que garantan, máis aínda nestes tempos de dificultade, que os nenos e nenas dos centros públicos podan seguir tendo ao seu alcance ese xeito lúdico de aprender que é viaxar.

No convencemento de que esta mesma preocupación, é compartida pola maioria da comunidade educativa, é polo que a Cooperativa Armeria organiza unha xuntanza onde poder intercambiar ideas e proxectos que axuden a dar solucións conxuntas, ao longo deste curso que comeza, a esta problemática.

A xuntanza terá lugar ás 18hs, o luns, 10 de setembro, no Ceip Manuel Masdías de Caranza, e a ela están convidadas tanto o profesorado como as ANPAS dos centros públicos da comarca.

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

||||||||||||||||||||||